28 de marzo de 2012

2º dia Viaxe Cultural Italia

Ás oito da mañá soou o Espertador das habitacións do paradisiaco hotel do Lido di Jesolo, e todos nós abandoamos con dor as camas para vestirnos, ducharnos e desaiunar (máis fantásticos alimentos). Ás 9.30 estabamos xa nos autobuses e preparados para o que criamos sería unha curta viaxe de autobús. Foron case duas horas, e duas horas de soño e incomodidade. Pero pagou a pena. Unha vez en Bolonia puidemos visitar a basílica de san Petronio, patrón da cidade; observar as torres tortas dos Medici; dar unha volta polo seu mercado; practicar máis shopping e ata degustar un ou dous “gelattos”. Trala comida no “bufete libre”, continuamos cara a Pisa, saíndo da capital de Emilia-Romaña aproximadamente ás 3.30. Cara ás 5 da tarde chegamos á cidade inclinada, onde tivemos tempo libre para as fotos de rigor e, por suposto, máis shopping. O tempo fíxose curto, e ao pouco xa estabamos de novo nos autobuses, encamiñados ao hotel en Terme Pellegrini de Montecatini, ó que unha vez chegados provocou a todos unha grata impresión.

Emilia Padín

No hay comentarios:

Publicar un comentario