26 de marzo de 2012

Crónicas of Venice! (Venecia é...)

4.00 a.M., soan os despertadores dos alumnos de 1º de Bach., vai sono... Como poden, acicálanse para estar presentables e ás 5.00 a.M poder partir dende a dársena do colexio. Comezan seis días de experiencias enriquecedoras. 

 1º DÍA: O voo IB3638 despega con destino a Barajas ás 6.40 a.M. chegando puntual ao seu destino. O problema chega cando nos atopamos conque o segundo voo, con destino Venecia, sofre algo máis dunha hora de retraso. As consecuencias disto son a perda de tempo para poder gozar das increíbles vistas da cidade marítima. Tras unha viaxe en Vaporetto, aos alumnos presentábanselles dúas opcións: visitar a basílica de San Marcos que pechaba as súas portas ás catro ou dar satisfación as urxencias alimentarias; houbo de todo, mais coma a fame apretaba a gran maioría decidiu ir degustar a típica pizza do lugar ou un prato de spaguetti boloñesa. 
Tras un novo rencontro do grupo fomos á Ponte Rialto, onde algúns decidiron facer un pouco de shopping e outros un pouco de ‘gondoling’. Collemos o Vaporetto de volta ao autobús e dende aí, asintimos a un magnifico RESORT *** que nos agardaba, o Albergo Serenella. Este lugar de descanso traballa cos mellores chefs, consta dun servicio de limpeza eficaz, piscinas individuais nas habitacións, servizo cafetería 24 horas, animais domésticos á elección do consumidor, acolledoras terrazas con vistas a unha espléndida paisaxe... O que ven a ser un paraíso de placer e relax para todalas idades. (ironía modo on). 
Así son as cousas e así volas contamos. 
Peace & Love. 

 Andrea, Nacho e Iria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario