29 de marzo de 2012

"Moito arte de Dios"

4º DÍA: Tras pasar a nosa primeira noite no hotel, no que durmiremos dúas noites máis, levantámonos ás 6.30 da mañá para almorzar e saír cara ás Catacumbas de San Calixto. Alí tivemos unha visita guiada por unha pequena parte destas (posto que teñen máis de 20 km de extensión) e puidemos disfrutar das distintas historias narradas polos nosos guías. Despois voltamos aos autobuses para chegar ao centro de Roma sobre as 12. Vistamos varios monumentos como a Piazza de Spagn, e despois de andar 4 km comimos todos xuntos nun restaurante. Logo de xantar dividimonos en 3 grupos para visitar os museos Vaticanos, según iamos rematando a visita, reuníamonos na Piazza de San Pedro. Máis tarde, visitamos o Panteón e a Fontana de Trevi, onde tivemos tempo libre tanto para cear coma para visitar a cidade pola nosa conta. Ás 22.00 retornamos ao hotel.

Ramón, Jacobo, Andrea e Iria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario